Administración Local
Municipal
Laracha, A
Convocatoria de subvencións e axudas públicas
Convocatoria pública de subvencións municipais a entidades Culturais, Deportivas, Educativas e Deportistas Individuais para fomentar unha actividade ou interese municipal, ano 2026.
BDNS(Identif.): 907213
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/907213)
Primeiro.- Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarias das subvencións previstas nas presentes Bases as persoas ou entidades públicas ou privadas xuridicamente constituídas, as agrupacións de persoas físicas e xurídicas sen personalidade xurídica constituídas para a consecución dos fins sinalados como objecto da subvención así como os deportistas individuais
Segundo.- Obxecto.
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas para que os seus destinatarios realicen as seguintes actividades:
2.1.- Promoción de actividades Educativas: Escolarización, seguimento e control do absentismo escolar, promoción do desenvolvemento integral do estudante en aspectos talles como calidade de vida, autodeterminación, estimulación cognitiva, comunicación, habilidades persoais e sociais, interdependencia, apoio e reforzo educativo, inserción lingüística instrumental e cultural, elaboración e achega de materiais funxibles, actividades de mediación que promovan o achegamento das familias aos centros educativos, actividades socioeducativas como campamentos, excursións, - que promovan a interacción de todo o alumnado con independencia das súas condicións/circunstancias, actuacións culturais ou deportivas a realizar no ámbito dos centros educativos públicos situados no termo municipal da Laracha, ben polos propios centros educativos, polas Asociacións de Alumnados dos centros ou polas Asociacións de Nais e Pais dos mesmos.
2.2- Promoción de actividades culturais: Enténdese por elas, actividades talles como celebracións, homenaxes, exposicións, publicacións, concursos, certames, mostras, excursións, eventos musicais, encontros, reunións musicais, conferencias, estudos, e, en xeral, calquera actividade de conservación, promoción e difusión dos valores culturais.
2.3.- Promoción de actividades deportivas: Este apartado ten como fin fomentar e apoiar a realización de actividade física ou deportiva. Enténdese por iso, actividades talles como o fomento das escolas deportivas, cursos, competicións federadas e non federadas, campus deportivos, torneos, campionatos, e en xeral, actividades relacionadas coa promoción do deporte.
CRÉDITO ORZAMENTARIO O gasto derivado das subvencións imputarase ás seguintes aplicacións e polos importes que se indican:
Aplicación Finalidade Importe
320.489.00 Promoción de actividades educativas 13.000 €
334.489.00 Promoción de actividades culturais 37.500 €
341.489.00 Promoción de actividades deportivas 100.000 €
TOTAL 150.500 €
Sen prexuízo do anterior, se resultan economías entres as aplicacións anteriores recollidas nesta convocatoria conxunta e de atoparse na mesma bolsa de vinculación, o importe sobrante poderase empregar en aumentar o importe das aplicacións restantes ata o límite do conxunto que se sinala para o global da convocatoria.
Serán actividades obxecto de subvención ao amparo das presentes Bases aquelas realizadas no período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2026.
Estas subvencións son compatibles con axudas/subvenciones doutros organismos públicos ou privados. A suma dos importes destas axudas/subvenciones non poderán superar o custo da actividade subvencionada.
Terceiro.- Bases reguladoras.
A presente convocatoria réxese polas Bases reguladoras aprobadas mediante resolución de alcaldía, publicadas, ademais de de na BDNS, na sede electrónica do Concello da Laracha: https://sede.alaracha.gal/sxc/es/
Cuarto.- Contía.
150.500,00 euros
Quinto.- Prazo de presentación de solicitudes.
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación, por parte da Base de datos Nacional de Subvencións, do extracto da convocatoria das Bases no Boletín Oficial da Provincia.
A Laracha
21/5/2026
ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DA LARACHA
2026/3550