Administración Electoral
Xuntas Electorais
Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela
Constitucion Junta Electoral de Zona de Santiago de Compostela
Dona María Manuela García Jalón da Lama, Secretaria da Xunta Electoral de Zona de Santiago de Compostela, certifica:
Que no día de hoxe quedou constituída a Xunta Electoral de Santiago de Compostela, formada por Dª Elvira Cangado Civeira, Maxistrada do Xulgado de Instrución nº 3 de Santiago como presidenta, Dona Mª Paz Filgueira Paz, Maxistrada do Xulgado de 1ª Instancia nº 1 de Santiago e Dª Raquel Fernández Rey, maxistrada do Xulgado de 1ª Instancia nº 3 de Santiago como vogais xudiciais e con Dona Mª Manuela García Jalón da Lama como secretaria desta xunta para as eleccións locais e ás Asembleas de Ceuta e Melilla para o 28 de maio de 2023, convocadas por Real decreto 207/23 do 3 de Abril.
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2023
A SECRETARIA DA XUNTA ELECTORAL
2023/2607